TLAXCALA تلاكسكالا Τλαξκάλα Тлакскала la red internacional de traductores por la diversidad lingüística le réseau international des traducteurs pour la diversité linguistique the international network of translators for linguistic diversity الشبكة العالمية للمترجمين من اجل التنويع اللغوي das internationale Übersetzernetzwerk für sprachliche Vielfalt a rede internacional de tradutores pela diversidade linguística la rete internazionale di traduttori per la diversità linguistica la xarxa internacional dels traductors per a la diversitat lingüística översättarnas internationella nätverk för språklig mångfald شبکه بین المللی مترجمین خواهان حفظ تنوع گویش το διεθνής δίκτυο των μεταφραστών για τη γλωσσική ποικιλία международная сеть переводчиков языкового разнообразия Aẓeḍḍa n yemsuqqlen i lmend n uṭṭuqqet n yilsawen dilsel çeşitlilik için uluslararası çevirmen ağı

 16/10/2018 Tlaxcala, the international network of translators for linguistic diversity Tlaxcala's Manifesto  
English  
 EUROPE 
EUROPE / “A unidade popular non pode ser unha colación de partidos, o protagonismo debe ser para a cidadanía”
Entrevista a Xosé Manuel Beiras
Date of publication at Tlaxcala: 28/07/2018
Original: “Unidad popular no pueden ser colaciones de partidos, debe ser el protagonismo para la ciudadanía”
Entrevista a Xosé Manuel Beiras, veterano del nacionalismo gallego de izquierda


“A unidade popular non pode ser unha colación de partidos, o protagonismo debe ser para a cidadanía”
Entrevista a Xosé Manuel Beiras

Daniel Seijo

 

Galeano dixo del que “a primeira vista semella un león, éo. Pero ten a delicadeza do cervo, a paciencia do gato, a lealdade do can, a solidariedade das aves, que se axudan no voo, o sentido da honra do touro de lida, que se medra no castigo, e a intelixencia dos raros homes que dan prestixio á condición humana. Galego tiña que ser”, hoxe aos seus 82 anos conversamos con Xosé Manuel Beiras para repasar un momento político no que nas súas propias palabras: á esquerda faille falta reflexión e valentía.

Area, Brugal, Púnica, Nóos, recortes, lei mordaza, Por que segue gañando a dereita en España?

A dereita non gaña, a dereita rouba. Igual que rouba no económico, rouba votos. Como? pois manexando todos os resortes e as ferramentas que ten para xerar iso que se chama alienación. Ramonet escribiu aquilo tan claro da pantalla mediática, as formas nas que manipulan os medios de comunicación. Ben, hoxe no estado español non existe o pluralismo mediático en absoluto, a única forma de pluralismo mediático son os medios alternativos, publicacións que aparecen, como a vosa, pero que comparada cos grandes medios de comunicación escritos teñen unha difusión moi limitada. Non existe ningún medio de comunicación dunha envergadura comparable aos grandes medios que representen ideológicamente, xa non digo ao proletariado obreiro, senón a certos sectores do mundo obreiro. Entón que ocorre? iso dá lugar a que se poidan utilizar os procedementos que utilizaban os nazis e os fascistas, pero sen necesidade de prohibir os medios independentes. Hoxe Goebbels non resulta necesario, en lugar diso están os Murdoch etc.

Ciudadanos, por exemplo, é un claro fenómeno creado para relevar ao Partido Popular nun momento no que este comezaba seriamente a estar tocado, nace como unha contrapartida ao voto indignado e encabuxado que atopara unha opción como Podemos. Que quero dicir con todo isto? simplemente analizo que o fenómeno de alienación é un fenómeno de control do comportamento dos cidadáns mediante o estupefaciente, a fábrica de estupefaciente, iso ao que xa se refería Castelao. O que ocorre en Galicia é que iso se duplica debido a que socioeconómicamente, socioculturalmente e sociopolíticamente non é só unha nación sen estado, unha nación negada como Euskadi ou Cataluña, senón que é unha colonia interior. Entón os fenómenos da colonización multiplican todo isto para o control do voto do galego.

Non seu artigo Indignádevos! publicado en 2011 en Galicia Hoxe, vostede escribiu: ” Coa dignidade pasa como coa liberdade: por moito que se teña, se non se exerce acábase por perdela”, Corremos o risco de perder a nosa dignidade ao prolongar unha vez máis a ruptura co réxime do 78?

Desde hai moito tempo faltou a posibilidade de vehiculización política dos agraviados, sufridos por grandes sectores sociais. Foi precisamente o divorcio entre a cidadanía máis agredida e máis indignada, e as forzas que dicían representalos o que deu lugar a que dixesen: “No nos representan”, iso volve ocorrer na actualidade en moitas opcións que xurdiron precisamente das prazas. Resulta que parte dos cadros desas novas alternativas están a reproducir os vicios que denunciaban noutras organizacións, volve aparecer casta dentro dos que denunciaban a casta. A nosa é unha sociedade gangrenada e ata que fagamos un diagnostico acertado e apliquemos unha terapia adecuada para que esa terapia sexa asumida polos sectores sans da sociedade, isto non se resolverá. Pero claro, se as cúpulas dirixentes simplemente están metidos na cociña política, non reflexionan e non se interesan pola historia, entón resulta complicado.

Que opinión lle merece o discurso pronunciado por Albert Rivera durante a presentación da plataforma ‘España Ciudadana’?

Non o lin, pero ademais non me merece nin atención nin opinión. Albert Rivera é un fascista joseantoniano sen escrúpulos, e o que importa non é o que diga, senón o que fai, e o que fai está á vista de todos, é un auténtico perigo, é fascismo camuflado. Coidado aos incautos.

Deixouse atrapar Podemos por ese “muíño de papel” que son hoxe as dinámicas da política institucional?

Si, claro, está a deixarse atrapar. Un amigo dicíame fai pouco que o máis descorazonador de todo é que na esquerda non hai valentía. En Podemos enfrontáronse as teses de Pablo Iglesias e Iñigo Errejón, venceron por absoluta maioría as teses de Pablo Iglesias no outono de 2016 e no outono de 2017 Pablo Iglesias está a aplicar as teses de Iñigo Errejón. Esa é a miña visión. Ti non podes estar en función das demoscopias, se as demoscopias che conducen a que tes que tirar pola borda principios determinados e obxectivos estratéxicos que ti tiñas, entón para que raios estás? E iso está a pasar. Por exemplo, a reforma das condicións laborais, “hai que restituír dereitos para os traballadores e traballadoras”, pois moi ben, pero chégase ao poder e empezan as presións dos poderes económicos e “iso non o podo facer”. Oia, mire vostede, fágao e despois que o boten.

Pódese entender desde a militancia a dilatación na toma de decisións no caso Quinteiro?

Non, a xente o único que entende é que é completamente suicida o que está a pasar. Eu tiven que falar diso porque tiña unha entrevista en Radio Galega, dixen que se fose Paula Quinteiro dimitiría, pero eu non son un xuíz, iso correspóndelle decidilo a ela. Pero claro, aí tamén existen cuestións internas e levouse moi mal, hai moita enfermidade aí dentro e hai que rexenerala. Pero se desde a dirección se adopta unha postura de que nós somos os que temos razón e os demais non, pois tampouco é así. Por exemplo, un órgano de dirección executiva como é a coordinadora que toma a postura de que ten que dimitir, o que non pode facer é antes mesmo de transmitilo, pasarllo a La Voz de Galicia. As cousas tampouco se fan así, se se fai, con algunha intención será. Entón tampouco son santos. E claro, iso xera unha reacción de autodefensa polo outro lado. Por iso eu dixen que non quería saber máis nada da vida orgánica aí dentro, estou farto, farto de que en lugar de política se faga cociña política e intriga. Aínda manteño interlocución co portavoz de En Marea, non todos os días, pero dou a miña opinión, aínda que despois se vale para algo ou non, non é a miña responsabilidade. Por exemplo, que En Marea compita coas mareas municipais, é un erro. Non se poden montar mareas desde arriba, non se pode pensar que para as eleccións municipais En Marea ten que funcionar como os partidos convencionais, con directrices desde a dirección. Non, mire vostede, as mareas son moi distintas porque cada concello é moi distinto e a maneira de lograr unha unidade popular de veciños diversos é moi distinta en Lalín que en Teo sen ir máis aló. Pero claro, se pensamos como un cadro dirixente dun partido e non en termos de unidade popular… Se cando se fai unha crítica se considera que a crítica é unha agresión… de aí a consideralo a un herexe non hai nada. Iso quen o resolve?, a xente, a xente terminarao por resolver. Hai moitos dirixentes de esquerda que non teñen confianza na xente, demasiados. Confianza nun feito obxectivo que son os procesos históricos, nos procesos sociais, os cales teñen a súa propia dinámica.

Recentemente chamou a tentar reformular En Marea de xeito inmediato, que fallou no desenvolvemento deste espazo político?Debuxo: Cristian F. Caruncho

En Marea é un proxecto que está en proceso, na actualidade atópase nunha fase na que camiña máis ben cara ao funcionamento dun partido tradicional e non coma unha ferramenta de unidade popular. Iso é o grave problema. A unidade popular non pode ser unha colación de partidos, o protagonismo debe ser para a cidadanía. Se es un partido político tes que apoiar esa unidade sen estar neses espazos como partido, nin pretender ningún protagonismo. Iso tradúcese nas mareas, nas cidades rebeldes. Inicialmente foron Martiño, Xulio Ferreiro e Jorge Súarez quen lanzaron unha marea galega, pero polo problema de que eran eleccións a nivel de estado e Podemos quería ir coa súa marca, as negociacións esixiron que a única maneira fose unha coalición, pero cando é unha coalición xa non é unidade popular. Por certo, en Galicia conseguimos que fose en Marea e non En Marea-Podemos; con toda a forza que tiñan en Cataluña, alí é En Comú Podem.

 





Courtesy of Nueva Revolución
Source: https://nuevarevolucion.es/entrevista-a-xose-manuel-beiras-ciudadanos-es-un-fenomeno-creado-por-la-plutocracia-para-relevar-al-partido-popular-en-un-momento-en-el-que-este-comenzaba-seriamente-a-estar-tocado/
Publication date of original article: 09/07/2018
URL of this page : http://www.tlaxcala-int.org/article.asp?reference=23900

 

Tags: Xosé Manuel BeirasGalizaNacionalismo galego de esquerdasEstado español
 

 
Print this page
Print this page
Send this page
Send this page


 All Tlaxcala pages are protected under Copyleft.